Hoxe sábado 17 de maio celébrase o "Día das letras Galegas" e é festivo en Galicia. Neste día homenaxéase ás persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego, ou pola súa defensa. A data coincide co día no que se publicó en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que marcou o renacemento cultural galego.Este ano 2014, adícase a Xosé María Díaz Castro, autor do poemario Nimbos (1961) quen a pesar de falar catorce idiomas sempre defendeu o galego.
Penélope (un dos seus poemas)
"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario